Jose Manuel's profileOllos verdes nom son tra...PhotosBlogLists Tools Help

Blog


    December 04

    Noite escura

    Estou só
    cáse que son as 5 da madrugada
    afundido no mais profundo do mais profundo abismo
    no medio da
    noite esperando ese amencer que non chega
    morto
    escribo para poder remontarme
    pero non o consigo
    non sei se o podería conseguir cunha pequena axuda dos meus amigos
    como Lennon
    Ulos?
    November 30

    Xa estamos de volta

    Canto tempo fai que non viña por aqui!!
    O caso é que despois das vacacions de Agosto,
    ata hoxe non me apetecia moito escribir nada
    ...estes úlmimos dias estóu baixo, como si me
    "echaran droja en el Cola-cao". por iso sentin a necesidade de teclear algo para publicalo
    hei de cambiar de almorzo, ou ben quitarme do colacao
    July 28

    Donde están as putas chaves?

    Non me lembro en que gabeta deixei as chaves do meu corazon.
    Agora que o quero abrir
    Non hai mais remedio que partilo en dous.
     
                 (Parser é Pérez, de Circodelia)
    A pesares de que non hai moitos clientes por esta banda da beirarrúa,
    non me van mal as vendas...
    Polo que de momento non teño pensado amplia-lo mercado
    July 24

    R.D. da Galiza

    Na vespera do meirande dia que ningún
     
    A véspera do dia grande da Galiza, é gris-chumbo, como ten que ser.
    Mais non chove. Aínda asi, lémbro a cantiga escrita no seu dia polo noso Espello
     

    Están as nubes chorando
    por un amor que morreu
    Están as rúas molladas
    de tanto como choveu (bis)

    Lela, Lela,
    Leliña por quen eu morro
    quero mirarme
    nas meniñas dos teus ollos

    Non me deixes
    e ten compasión de min.
    Sen ti non podo,
    sen ti non podo vivir.

    Dame alento das túas palabras,
    dame celme do teu corazón,
    dame lume das túas miradas,
    dame vida co teu dulce amor. (bis)

    Lela, Lela....

    ....
    Sen ti non podo,
    sen ti non podo vivir.

     

    E eu, como boticario, que tamen son, tamen me podo unir ó coro deles. Cantando esta fermosura que pertenece a obra "Os vellos non deben namorarse"

     

    ...Bueno, tampouco teño a obriga de coincidir con todo aquilo que dixo o Insigne... !como é que non deben?!

     

    July 20

    A mecánica do Mario

    Sobre Mario, de fociños, tres cruces
    unha na fronte, a que mais lle doeu
    outra no peito, a que o matou,
    e outra mentindo no xornal...
     
     
    nom me lembro si era a da fronte ou a do peito a que mais lle doera
    nin cal foi a que o matou...
    ...pode que lle doeran ambalasduas por un igual...
     
    o caso é que morréu.
    O morto ó buraco é o vivo o bolo (en galego non rima)
     
    July 18

    Chove en Santiago

    Hoxe é 18 de Xullo, xa choveu desde aquela. Afortunadamente...

    Chove en Santiago
    meu doce amor
    camelia branca do ar
    brila entebrecida ao sol.

    Chove en Santiago
    na noite escura.
    Herbas de prata e sono
    cobren a valeira lúa

    Olla a choiva pola rúa
    laio de pedra e cristal.
    Olla no vento esvaido
    soma e cinza do teu mar.

    Soma e cinza do teu mar
    Santiago, lonxe do sol;
    agoa da mañan anterga
    trema no meu corazón.

    (Federico García Lorca)

    July 17

    As cores do ceo

     
    O ceo desde sempre nolo imaxinamos de cor azul
    pero na realidade o ceo pode, e de feito ten diferentes cores e millóns de tons, eu, pola miña banda, a estas alturas da miña vida, descubrín que o ceo é da cor do chocolate
    July 15

    Os mangos baixiños (Xoan Antonio Alix)

    Dí don Martín Garata,

    persoa de alto rango,

    que lle gusta moito o mango

    porque é unha froita grata.

    Mais trepar polo mangueiro 

    e verse ali, nos greliños,

    en apertos infinitos...

    como eso é tan perigoso,

    Atopa que e mais saboroso

    colle-los mangos baixiños. 

    ¿E a quen non lle gusta un mango?

    Banilexo, alaranxadiño

    ¿E a quén non lle gusta un mango?

    si é que llo dan descascadiño...