Jose Manuel 的个人资料Ollos verdes nom son tra...照片日志列表 工具 帮助
第 1 张,共 1 张
12月4日

Noite escura

Estou só
cáse que son as 5 da madrugada
afundido no mais profundo do mais profundo abismo
no medio da
noite esperando ese amencer que non chega
morto
escribo para poder remontarme
pero non o consigo
non sei se o podería conseguir cunha pequena axuda dos meus amigos
como Lennon
Ulos?
11月30日

Xa estamos de volta

Canto tempo fai que non viña por aqui!!
O caso é que despois das vacacions de Agosto,
ata hoxe non me apetecia moito escribir nada
...estes úlmimos dias estóu baixo, como si me
"echaran droja en el Cola-cao". por iso sentin a necesidade de teclear algo para publicalo
hei de cambiar de almorzo, ou ben quitarme do colacao
7月28日

Donde están as putas chaves?

Non me lembro en que gabeta deixei as chaves do meu corazon.
Agora que o quero abrir
Non hai mais remedio que partilo en dous.
 
             (Parser é Pérez, de Circodelia)
A pesares de que non hai moitos clientes por esta banda da beirarrúa,
non me van mal as vendas...
Polo que de momento non teño pensado amplia-lo mercado
7月24日

R.D. da Galiza

Na vespera do meirande dia que ningún
 
A véspera do dia grande da Galiza, é gris-chumbo, como ten que ser.
Mais non chove. Aínda asi, lémbro a cantiga escrita no seu dia polo noso Espello
 

Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)

Lela, Lela....

....
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

 

E eu, como boticario, que tamen son, tamen me podo unir ó coro deles. Cantando esta fermosura que pertenece a obra "Os vellos non deben namorarse"

 

...Bueno, tampouco teño a obriga de coincidir con todo aquilo que dixo o Insigne... !como é que non deben?!

 

7月20日

A mecánica do Mario

Sobre Mario, de fociños, tres cruces
unha na fronte, a que mais lle doeu
outra no peito, a que o matou,
e outra mentindo no xornal...
 
 
nom me lembro si era a da fronte ou a do peito a que mais lle doera
nin cal foi a que o matou...
...pode que lle doeran ambalasduas por un igual...
 
o caso é que morréu.
O morto ó buraco é o vivo o bolo (en galego non rima)